|
A xente relaciónase coas persoas que len e len aos que coñecen, dese xeito vaise tecendo a rede, na que os primeiros teñen a gran vantaxe de chegar primeiros á información e a vantaxe de que esa información sempre pasa por eles.
2005-08-02 19:06:33
"Crear un blog popular é como ser popular nunha festa": hai que curralo un pouquiño
2005-08-02 19:07:17
Seguir esta guía de Stephen fará que aumente o número de lectores e facilitará o entrar a formar parte das conversas
2005-08-02 19:08:34
Chave: Planificar a acción: é posible lanzar un blog sen ter un plan, pero a posibilidade de éxito é moito menor.
2005-08-02 19:09:23
Chave: o propósito do blog: É necesario ter claro por que se quere escribir o blog; se non sabes por que escribes, non sabes o que estás a facer.
2005-08-02 19:10:29
é necesario dotar ao blog dunha certa dose de altruismo por parte do blogger
2005-08-02 19:11:20
Chave: o propósito do blog: "escribe o propósito do blog, será o núcleo, en torno ao que xire o teu blog; debera ser a primeira páxina e debera estar accesible dende tódolos sitios do blog
2005-08-02 19:12:40
Sobre que escribir? a mellor resposta está no que les; comproba os teus favoritos, os teus interesees o que che divirte; esas preguntas que te fas e que ás que tentas dar respostas.
- Escribe sobre cousas nas que xa estás a pensar
- "Miles de pensamentos e reflexións vanse construindo na miña mente e reflíctense na miña escritura"
2005-08-02 19:13:47
O tema: unha das chaves é non centrarse nun só tópico específico
2005-08-02 19:15:01
Os elementos de apoio: blogroll, ligazóns de utilidade, comentarios;... máis que ser un apoio para os lectores, adoitan ser apoios para o propio blogger
2005-08-02 19:17:08
É necesario ter certa disciplina á hora de escribir, para obligarse, tentando buscar momentos "libres" (que difícil é esto)
2005-08-02 19:19:43
Non se trata de crear algo estupendo tódolos días
2005-08-02 19:20:01
Deseño: é necesario darse a coñecer, a xente non pode ler o que non sabe que existe
2005-08-02 19:20:43
Deseño: Fontes lexibles, e contornos claros e limpos
- Manter unha certa identidade visual
- Facer un bo uso das fontes
- Facer un bo uso da cor
- Ter en conta que é moi importante controlar o peso dos contidos, das imaxes,...
- Ter en conta que depender de outras persoas e plataformas, pode implicar máis tardanza na carga da páxina,...
2005-08-02 19:32:02
Deseño: Pode ser una boa idea empezar por unha plantilla predefinida, testear con ela e posteriormente crear plantillas propias
2005-08-02 19:32:49
Deseño: a non ser que teñas moi boas razóns para facelo doutro xeito, usa unha ferramenta de xestión de blogs ou de xestión de contidos de calquera tipo; estas ferramentas soen proporcionar unha mellor integración coa blogosfera.
2005-08-02 19:33:38
Co trackback o que sucede básicamente é que se escribes un post sobre outro post doutra persoa, lle facilitas, a través do seu software, un link ao teu propio post sobre o tema.
2005-08-02 19:35:59
Que ferramenta usar? pois depende de que queiras facer e do importante que sexa o blog para ti.
O ideal é ter o teu propio dominio cun sitio web para ti só, coas ferramentas que ti decidas usar.
2005-08-02 19:36:27
Downes aconsella non depender da institución para a que se traballa (se é o caso) para nada, e ser o "dono" de todo o blog, dos contidos, do aloxamento, da política, da apariencia,...
2005-08-02 19:38:39
Ter unha conta nun servizo de blogs, tipo blogger, non é tan bo como poder xestionar o teu propio sitio, pero é un servizo gratis, fácil de usar, ideal para principiantes (eu engado para os de fala hispana... blogia, zoomblog, e algunha máis
2005-08-02 19:41:25
Antes de lanzalo, probar o sitio con distintos sistemas operativos, e navegadores para ver se funciona correctamente, ao mesmo tempo ir facendo unha posteaxe de probas que sirva de aperitivo ao que vai vir co lanzamento do blog.
2005-08-02 19:43:01
O blog reflectirá o traballo de alguén que pensou o que quere e que implementou a web de xeito profesional. Os posts non só parecerán mellor, senón que o serán.
2005-08-02 19:43:55
A importancia de xerar un bo fluxo de información...
A ide a é conseguir un fluxo constante de información de intereses (delicious, bloglines, recolledores de todo tipo rss,...)
2005-08-02 19:45:15
Dar a coñecer o blog cada vez que teñas a oportunidade,.... facendo mercado... (se despois de facer todo o que se indica nesta guía, ninguén che le, sencillamente é que non saben que existes), hai que facerse notar.
2005-08-02 19:47:05
é importante poñer o nome no blog, porque os posts que non se poden atribuir a persoas concretas, non gusta tanto citalos (e se non che citan, non che len)
2005-08-02 19:48:16
Consellos sobre o lanzamento...
Os comentarios, as críticas, os distintos puntos de vista, axudan a medrar os posts e os blogs
2005-08-02 19:49:30
|