![]() |
CiteULike | ![]() |
xacaes's CiteULike | ![]() |
![]() |
|
![]() |
Register | ![]() |
Log in | ![]() |
Aplicaciones para el diseño de Material Didáctico Multimedia y Comunicaciones en redby: Fernández
|
Reviews
[Write a review of this article]
Notes for this articleA autora fai un repaso dos conceptos de obxectos de aprendizaxe e repositorios de obxectos, defendendo a utilización de conceptos amplamente estendidos no eido didáctico educativo. "Dun tempo aqui estamos a asistir a unha progresiva incorporación de novos termos no discurso sobre TICs na educación (Obxectos de aprendizaxe, Meta-Data, axentes pedagóxicos, repositorios de obxectos, factorías de recursos) que no mellor dos casos, son asumidos de forma inxenua como "substitutos modernos" de conceptos acuñados solidamente durante décadas polos didactas (Materiais didácticos, multimedia educativo, unidades didácticas, actividades / tarefas de aprendizaxe, centros de recursos) e no peor dos casos, son utilizados por expertos doutras ciencias con interese neste campo como conceptos "estrela" menosprezando, por ignorancia ou incomprensión, as aportacións realizadas durante décadas da Tecnoloxía Educativa e simplificando con iso o noso campo de estudo. Faise un repaso polos conceptos de Materiais didácticos; Material didáctico multimedia ou Multimedia educativo; Software Educativo. Amósanse dous exemplos de ferramentas educativas para a construcción de materiais didácticos multimedia: Utilizando o Virtual Training Studio e utilizando CMaps Tools.
"No terreo do deseño de materiais didácticos en formato dixital, está de moda unha aposta dignificativa de numerosos investigadores, institucións públicas, privadas e incluso empresas polo desenvolvemento de repositorios de obxectos de aprendizaxe aos que se lles presuón a capacidade de seren reutilizados en contextos educativos diferentes e promover a aprendizaxe. Esforzos e inversións que non se traduciron nin nun desenvolvemento proporcional de recursos didácticos que soporten os requisitos e estándares que se supñen necesarios para a súa reutiloización, nin no uso efectivo dos mesmos nas prácticas docentes (Zapata 2006). Este fracaso dos obxectos de aprendizaxe levou a David Wiley (2006), impulsor xunto con outros autores desta moda no ámbito pedagóxico, a poñer en dúbida o valor dos obxectos de aprendizaxe entendidos como recursos dixitais que se poden reutilizar en diferentes contextos e cuxas posibilidades de reutilización apoianse exclusivamente na interoperabilidade técnica e ignoran por completo as esixencias pedagóxicas dos materiais didácticos en formato dixital (necesidade de contextualizar, imposibilidade de reutilizar e relativismo dos estándares)".
"O realmente importante continúa a ser o desenvolvemento de Materiais didácticos de calidade -o calificativo didáctico imprime unhas certas esixencias pedagóxicas-, a creación de comunidades en rede que traballen de forma colaborativa e, respecto aos requisitos técnicos destes materiais que convén situar no seu xusto lugar, simplemente debemos garantir o seu correcto funcionamento na maioría de navegadores web e proporcionar acceso ao seu código fonte para que podan ser adaptados ás esixencias de novos contextos educativos. Agora ben, a necesaria xestión, almacenamento e distribución na rede dos materiais didácticos multimedia para que se podan compartir, reelaborar e someter a un proceso de mellora constante, actualiza a necesidade de recuperar o sentido dos Centros de Recursos concibidos como espazos de aprendizaxe que ofertan a través da rede materiais debidamente organizados e facilidades para o seu deseño e adaptación".
Find related articles from these CiteULike users
Find related articles with these CiteULike tags
Posting History
AbstractIntento de animar aos profesionais da educación a producir os seus propios materiais dixitais presentando algúns exemplos de Software Educativo para o deseño de Multimedia educativo.
BibTeX record
RIS record